A Xunta retoma o proceso para declarar BIC a Terraza

A Terraza de Sada

A Terraza de Sada

A Dirección Xeral de Patrimonio comunicou onte ao goberno municipal de Sada que ten intención de retomar e concluír este ano o proceso para declarar ben de interese cultural (BIC) o inmoble modernista da Terraza, situada no recheo sadense desde comezos do século XX. Así o comunicou o subdirector de Patrimonio, Juan Antonio Naveira, nunha xuntanza co alcalde, Benito Portela, e o concelleiro de Turismo, Liss Becerra.

A Xunta sostén que solicitará a próxima semana os informes aos organismos consultivos para que emitan os informes pertinentes. Entre outros, darán opinión o  Consello da Cultura Galega, a USC e a Real Academia de Belas Artes. A Terraza prosegue o seu lento proceso de deterioro ao estar sen ningún tipo de proteción patrimonial a carón da principal arteria de entrada ao centro da vila mariñá.

A Xunta tamén asegurou onte que pretende culminar o expediente para dar tamén a máxima proteción patrimonial á fábrica de Cerámicas do Castro, solicitado pola Corporación en pleno co único voto en contra do PP.

Advertisements