GDR e Reserva mudaranse para a reitoral de San Tirso mentres convocan dúas prazas

ADR_asMarinasBetanzos_sen fondoA Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo estreará sé na antiga reitoral de San Tirso, ubicada fronte ao centro sociocultural O Salón. A reitoral está actualmente abandonada e só na primeira fase de recuperación do inmoble se destinarán 180 000 euros. O edificio conta con baixo e unha planta e permitirá ao persoal da Reserva, que é compartido co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), abandonar o inmoble da antiga cámara agraria, situada fronte ao consistorio, que se lles queda pequeno para as súas labores.

O GDR acaba de convocar o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal temporal en modalidade de obra ou servizo para xestionar os fondos europeos. Trátase dunha praza de técnico e outra de auxiliar administrativo, que serán seleccionados por unha comisión conformada polos alcaldes de Abegondo, Paderne e Coirós e outro persoal dependente do GDR.

Advertisements