Miño ultima a RPT que lle reclamou o xulgado en 2012 reducindo Urbanismo

Sanchez Oroza e Veiga-líder do PP- diante dun dos 'chiringuitos' que presentaron

Sanchez Oroza e Veiga-líder do PP- diante dun dos ‘chiringuitos’ que presentaron

O Concello de Miño ultima a redacción da Relación de Postos de Traballo (RPT) que o xulgado ordenoulle elaborar xa en 2012. Entre outros cambios, o goberno local prevé recortar o departamento de Urbanismo, que segundo o alcalde, Ricardo Sánchez Oroza, “responde a outra época” e que a baixa solicitude de licenzas fai innecesario este posto e obriga a reorganizar un departamento “sobredimensionado”. Oroza destaca que o organigrama foi consensuado cos traballadores e que espera que estea listo en breve para a súa aprobación en pleno.

Advertisements