A mobilización contra o paseo do Mandeo centra o lecer da fin de semana

Cartel da campaña contra o paseo

Cartel da campaña contra o paseo

Mobilización festiva a prevista para esta fría e soleada fin de semana de xaneiro en Betanzos. Dúas citas, unha charla informativa e un roteiro informativo, acercarán o proxecto do goberno local para o paseo por San Xiao ata os Caneiros e as alternativas de dez entidades ambientais e culturais da comarca. A cita dobre, que conta co respaldo de BNG e BN segundo anunciaron, comeza mañá sábado en Biblos, onde Fernando Bandín, presidente da Fundación Fragas do Mandeo, explicará a incidencia no medio do trazado. O domingo, ás dez da mañá desde o paseo da Tolerancia, arrinca o roteiro que percorrerá o trazado da controvertida senda para ver a súa afección sobre o terreo e ver como as alternativas dos ecoloxistas serían menos agresivas co Mandeo.

Pero a axenda cultural da fin de semana arrinca antes. Biblos acolle hoxe desde as oito a estrea do documental “Entrar aos Vilares”. Dúas horas e media despois, apenas cruzando a praza, o Café Lanzós programa o concerto de The Soul Breakers, a base de soul, mentres mantén nas paredes a mostra de Diana Aichinson.

O Concello ten estas mostras abertas:

  • Exposición titulada “Paisajes imposibles, sensaciones reales”. Do 10 ao 31, na Sala de Exposicións Jesús Núñez do edificio Liceo desenvolverase a exposición titulada “Paisajes imposibles, sensaciones reales” con obras do artista Jorge Pardo Ruzo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 19:00 h a 21:00 h os días laborables e de 12:00 h a 14:00 h os sábados, domingos e festivos.
  • Exposición de obra gráfica de 13 artistas dentro do VI Intercambio Alfara Oviedo-CIEC Betanzos-Bellas Artes Altea. Do 15 de xaneiro ao 27 de febreiro, exposición de obra gráfica de 13 artistas dentro do VI Intercambio Alfara Oviedo-CIEC Betanzos-Bellas Artes Altea, na Sala de Exposicións Temporais da Sede da Fundación CIEC, de martes a sábado en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Advertisements