Arranca o curso na UNED de Xestoso

O Grelo Folc celébrase ao pé do mosteiro de Monfero

O mosteiro de Monfero

Comezaron as clases de relaxación da asignatura de “Medicina” do programa Sénior en Aranga e Monfero. Os alumnos e alumnas de UNED SENIOR volven ás aulas tralo Nadal cunha clase de relaxación do doutor Marcelino Mosquera. O xeriatra e profesor-titor da UNED Sénior, Marcelino Mosquera, daba inicio ás clases de Medicina despois das vacacións de Nadal na escola unitaria cunha clase de relaxación.

Así, os maiores de 50 anos da comarca poden formalizar a matrícula as materias do segundo cuatrimestre do programa Sénior que ofrece o centro asociado da UNED A Coruña. Música, informática, historia ou medicina son algunhas das propostas ofertadas entre febreiro e xuño co obxectivo de “mellorar a calidade de vida dos participantes a través da súa formación e o intercambio de coñecementos adquiridos”. As prazas son limitadas e a admisión realizarase por orde de inscrición.

Advertisements