Convocan unha concentración para evitar un desafiuzamento en Miño

Escola Infantil A Ceboliña, en Miño, nas proximidades do domicilio das afectadas

Escola Infantil A Ceboliña, en Miño, nas proximidades do domicilio das afectadas

Unha muller e a súa filla menor están a punto de ser desafiuzadas en Miño. Ambas viven nunha casa que era propiedade do seu exmarido e que, a pesar da oposición inicial da súa familia, quere botalas da vivenda. Por este motivo, a plataforma Stop Desafiuzamentos Coruña concentrarase hoxe, a partir das 12.00 horas, en Miño para pedir a paralización do desafiuzamento de Fátima, unha muller que reside xunto á súa filla de 12 anos de idade no piso afectado por esta medida.

O BNG fixo público o seu apoio á concentración e fixo un chamamento á veciñanza para que acuda en solidariedade con estas dúas mulleres. Segundo explicou a voceira do BNG en Miño, Olaia Barro, “trátase dun despexo promovido polo excompañeiro sentimental de Fátima”. A portavoz nacionalista demandou do executivo local do PP “que amose o seu rexeitamento a este desafiuzamento e que apoie a Fátima e súa filla con medidas urxentes e decisións concretas”. A mesma demanda tamén se fai á Xunta de Galiza, para que ofreza unha vivenda a esta muller “e se evite que terminen ela e a súa filla vivindo na rúa como xa lles acontecera”

Advertisements