Critican a Santiso “o verde” por unha tala de carballos

José Antonio Santiso Miramontes  é o alcalde de Abegondo

José Antonio Santiso Miramontes é o alcalde de Abegondo

O pleno de onte en Abegondo serviu para que os dous grupos con representación na oposición- AxA e En Marea- criticasen a tala de carballos na contorna do área deportiva de San Tirso.

Segundo o goberno local, que preside o tamén presidente da Reserva da Biosfera José Antonio Santiso, a tala afecta só á liña de carballos máis pegada á estrada para ampliala e que poidan pasar dous buses. Tamén indicou que grazas a botar abaixo varios carballos os veciños poderán celebrar festas ou sardiñadas.

Advertisements