Rouban tapas de rexistro en Coirós

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

A denuncia púxose ante Garda Civil de Betanzos

O Concello de Coirós denunciou ante a Garda Civil de Betanzos o roubo de dúas tapas de rexistro da rede de abastecemento de auga situadas na porta de acceso á piscina municipal, no lugar da Cortella. O goberno local informa de que un empregado municipal descubriu onte pola mañá a desaparición das pezas de ferro fundido duns 60 centímetros. Non é a primeira vez que se rexistran este tipo de roubos en Coirós.

Advertisements