O Betanzos empata a 2 ante o Laracha

Betanzos_CFO Betanzos arrincou un empate ante o Laracha, que marchaba segundo clasificado. Na primeira metade os bergantiñáns, locais, estiveron ben colocados e marcaron os seus dous goles grazas ao control do partido. Pero o pase por vestiarios foi revulsivo para os betanceiros, que conseguiron plantar cara, aguantar a insistencia dos locais e recurtar as distancias ata restablecer a igualada inicial. Sen embargo, non conseguiu a fazaña de darlle a volta ao partido por completo e tivo que dar por boas as táboas, que para os locais supoñen caer ata a quinta posición.

 

Advertisements