Reclaman a retirada de árbores afundidas na ría

Vista da Ría de Betanzos

Vista da Ría de Betanzos

O colectivo Arbe e o clube de piragüismo de Betanzos presentaron ante Capitanía Marítima unha solicitude conxunta para exixir a retirada das árbores afundidas baixo a ría de Betanzos, que dificultan a navegación por ter pólas a distintas alturas que comprometen a seguridade. Os dous colectivos reclaman tamén que se coloquen correctamente o balizamento de marcado da canle e evitar as dificultades na navegación.

Advertisements