A unidade móbil do centro de transfusión estará o 2 e 3 en Betanzos

No entorno dos Soportais do Campo hai varios tilos

Vista parcial da praza do Campo

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia, fará recalar unha das súas 10 unidades móbiles en Betanzos nos vindeiros días. Concretamente o xoves 2 e o venres 3, de 16:00 h a 21:00 h, fará parada no Campo para recibir doazóns.

Desde a entidade agradecen a “constante colaboración, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a centos de doentes” dos galegos.

Advertisements