Aranga recibe o premio Dioxina por querer inzar de eucaliptos terreo de proteción paisaxística

Albero Platas, do PP, é o alcalde de Aranga

Albero Platas, do PP, é o alcalde de Aranga

Adega reparte cada ano os premios Osíxeno e Dioxina, que premian as iniciativas individuais e colectivas a prol e contra o medio. O premio dioxina na categoría individual caeu, por desgraza, na nosa comarca. O alcalde de Aranga, o popular Alberto Platas Álvarez foi distinguido co galardón por querer recalificar o 9% do seu municipio, nunha zona de interese paisaxístico e ambiental coas brañas do Deo e varios ecosistemas prioritarios incluídos, para inzalo de eucaliptos.

Comparte temática co premio colectivo, que recae na Consellaría de Medio Rural, “pola súa total entrega ao lobby pasteiro-enerxético e o abandono no cumprimento da lexislación, favorecendo intencionadamente o caos normativo arredor do eucalipto”.

Para maquillar esta política forestal e urbanística, o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou onte o municipio da montaña betanceira para resaltar unha inversión de 19.495 euros para adecuar a Ruta do Mandeo, que discurre precisamente por parte dos terreos que Platas pretende recualificar e destinar a eucalipto barrendo con fraga de ribeira autóctona, brañas e outros espazos naturais singulares.

Advertisements