Entregan os premios das semanas da tortilla e o pincho

O executivo pretende explotar ao máximo o formato da semana da tortilla

O executivo pretende explotar ao máximo o formato da semana da tortilla

O alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez, entregou a Silvia Iglesias, de Mesón O Progreso, as placas conmemorativas que lle acreditan como gañadora do primeiro premio na categoría de xurado profesional da Semana da Tortilla de Betanzos 2016 e do premio popular da semana do pincho de Betanzos. Do mesmo xeito fixo entrega do premio popular da Semana da Tortilla de Betanzos e do primeiro premio da semana do pincho a José de Bar 1931.

Os premiados destacaron que ambos concursos supoñen un importante impulso para a economía do sector hostaleiro en Betanzos. O alcalde, que estivo acompañado no acto pola concelleira de comercio, Mónica Carneiro, destacou o éxito que alcanzaron estas semanas gastronómicas.

Advertisements