O Santo Domingo pecha a primeira volta cunha derrota ante CALIDUS GALLEGO COB

santodomingobetanzosSevera derrota de 20 puntos de diferencia, 47 a 67, ante CALIDUS GALLEGO COB, filial do COB, tras unha mala segunda parte, no último partido da primeira volta na 13ª xornada do grupo AB da Liga EBA, para a que Diego Fernández contaba coas baixas de Will Pereiro, Dani Martín e Aarón Regueiro, todos eles por lesión.

Encaraban o encontro os locais con ausencias importantes para a súa rotación exterior, o que lles facía buscar un ritmo máis lento de xogo, ante a capacidade física e de ritmo alto do seu rival. O obxectivo cumpríase ata o descanso, cuns parciais iniciais con máis xogo elaborado en ambos aros, e escaso xogo en transición. Arrincaba o Santo Domingo con acerto desde o perímetro, sumando dous triplos consecutivos, e a partir de aí xerando máis vantaxes desde a pintura, mentres os ourensanos buscaban ao seu interior Van Zijvender, poderoso na zona grazas ao seu gran envergadura (14-14 min 10).

Mantíñase un ritmo pausado no segundo acto, cun Santo Domingo que optaba por empregar defensas zonales para atascar aos mozos xogadores visitantes, que malia sumar dous triplos neste cuarto, víanse pouco achegados desde o perímetro. Os puntos locais chegaban cun acertado Thiam, que aproveitaba rexeites e accións próximas para sumar, mentres os de Norat atopaban no escolta Bulashvili ao seu xogador máis acertado. Unha canastra Arriaga case sobre a bocina deixaba o marcador empatado ao descanso (26-26 min 20).

Tralo paso por vestuarios, saían máis acertados os visitantes, logrando imprimir un ritmo máis elevado. Os de Diego Fernández, pola súa banda, sufrían demasiadas perdas de balón e decrecían no seu acerto no lanzamento (31-38 min 25). Dous triplos do COB no tramo final do terceiro cuarto, unidos á baixa porcentaxe local, que só sumaba a través de Marcos Rozas, deixaban a diferenza en trece puntos ao término do terceiro acto (36-49 min 30).

No cuarto final, os nosos buscaban reaccionar, situándose na barreira dos dez puntos, tras triplo convertido polo júnior Roque Gómez, pero tres triplos case consecutivos dos ourensanos, dous deles seguidos de Cristian Igrexas, sepultaban calquera opción de remontada para o Santo (43-62 min 36).Co resultado decidido, nos compases finais apenas conseguían sumar ambos conxuntos, terminando o partido con vitoria por vinte puntos para os visitantes, tras triplo de Amir Valcarce (47-67 min 40).

Advertisements