Inician o traballo de pintado das fachadas do convento de San Domingos

A aula CeMIT e a OMIX están no complexo cultural Santo Domingo

A aula CeMIT e a OMIX están no complexo cultural Santo Domingo

O Concello de Betanzos anunciou onte o inicio dos traballos de repintado das fachadas enlucidas do antigo mosteiro de San Domingos, un centro cultural que acolle arquivo, biblioteca, museo, Aula CeMIT e oficina xuvenil. Os traballos, ademais do pintado das dúas fachadas exentas do antigo cenobio, inclúen o acondicionamento de reixas e do balcón sobre o adro de San Domingos e amaño nos alcorques situados no claustro do museo e nos canalóns da cuberta de ambas fachadas. As obras forman parte, xunto a outras, do Plan de Obras e Servizos da Diputación, que conta cun orzamento de 58 138 euros. Neses outros traballos están incluídas actuacións como a mellora das pontes de madeira situados no Malecón e o Pasatempo e os arreglos na rede de pluviais e saneamento na praza Enrique IV.

Advertisements