Sánchez Oroza será o seguinte en participar nas Tweetrevistas

O goberno local de Miño nun Pleno

Oroza, alcalde de Miño, presidindo un pleno

Ricardo Sánchez Oroza, actual alcalde de Miño e edil non ascrito da Corporación miñense, confirmou a súa disposición para ser o seguinte participante nas Tweetrevistas de Xornal de Betanzos, unha iniciativa coa que pretendemos darlle unha volta á tradicional entrevista. Ao xeito da rede social twitter, as preguntas e respostas irán nun máximo de 140 caracteres, para buscar respostas concretas e sinxelas. A nosa idea é que os nosos lectores poidan participar enviando as súas preguntas tanto ao noso twitter, @Xornal_Betanzos, como ao correo da redación (xornaldebetanzosARROBAgmail.com) para facerllas chegar aos nosos entrevistados. Así que xa podedes enviar as vosas preguntas por calquera destas canles.

Así, tras o voceiro do PSOE en Miño chega o turno ao alcalde miñense, Ricardo Sánchez Oroza. A dinámica será a mesma que seguiu Faraldo para non ter ningún trato preferencial con ningunha formación nin persoeiro. Agradecémoslle a súa dispoñibilidade así como que se prestase a perfeccionar connosco esta idea.

Advertisements