A Xunta anuncia que dará un aluguer social ás desafiuzadas de Miño e o BNG pide ao Concello apoio sicolóxico

Un momento de unha das concenrtacións celebradas

Un momento de unha das concenrtacións celebradas

A Xunta anunciou que acordará hoxe na Comisión Provincial de Vivenda a cesión dun piso en réxime de aluguer social á muller e a súa filla de 12 anos que foron desafiuzadas da vivenda que posúe en Miño a avóa paterna da menor. Nai e filla poderán permanecer durante tres meses nun piso que lles ofreceu o Concello e trasladarse despois á vivenda que poñerá á súa disposición a Xunta a través do programa de vivendas baleiras. O acordo subscrito entre a Consellería de Vivenda e a Sareb e Abanca permitirá a esta familia dispoñer dun piso durante catro anos. O prezo do aluguer será, como máximo, de 125 euros.

Stop Desafiuzamentos foi o primeiro colectivo en dar a voz de alarma pola orde de despexo dunha nai e a súa filla menor de idade. A asociación apelou á situación de vulnerabilidade en que quedaban ambas e conseguiu o respaldo do goberno local miñense e do BNG.

O BNG lamenta que o goberno local dea acompañamento e axuda sicolóxica

O BNG demandou ao goberno local de Miño unha solución estable para as afectadas, “non unha solución provisional de tres meses”. Así, a voceira nacionalista, Olalla Barro, indica que ambas mulleres “necesitan acompañamento, apoio psicolóxico e orientación en tan delicados momentos e non unha corporación que aparece ao seu lado só para a foto e para falar nos medios”. Desde o BNG de Miño queremos aproveitar para agradecer o apoio que están a recibir por parte de “STOP desafiuzamentos” da Coruña.

Advertisements