Demandan melloras na seguridade viaria na CP-030 en Ois

Fachada do Concello de Coirós

Fachada do Concello de Coirós

Veciños do núcleo do Castrillón, na parroquia de Santa María de Ois, denuncian a “peligrosidade” dun tramo da estrada provincial CP-030, que atravesa a poboación cara Aranga. Sosteñen que  bo número dos vehículos que se saen da calzada terminan impactando contra os muros co conseguinte sobresalto. Advirten que o arcén é estreito de máis e que non se respecta o límite de 50 km/h de velocidade máxima. Reclaman melloras na seguridade viaria.

Advertisements