A Garda Civil investiga varios roubos en Sada e Betanzos

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

A Garda Civil investiga os roubos rexistrados durante as dúas últimas semanas en varias vivendas nos municipios de Sada e Betanzos. Houbo ata catro asaltos durante a pasada semana a chalés da localidade sadense de Pazos e outros tres roubos no barrio betanceiro da Condesa, ao que se sumaría o asalto a un local hosteleiro brigantino. En todos os casos, as vivendas estaban vacías no intre do asalto e o botín foi sempre diñeiro en metálico e xoias.

Advertisements