O goberno local acorda rescindir o contrato do PXOM e contratar un novo PEPOCH

O BNG cuestiona a necesidade de construír outro núcleo urbano- o "distrito sudoeste"- sobre as actuais Infesta, Casas Novas e Montellos

O BNG cuestiona a necesidade de construír outro núcleo urbano- o “distrito sudoeste”- sobre as actuais Infesta, Casas Novas e Montellos

Adeus ao vello Plan Xeral e ola a un novo Plan de Proteción do Casco Histórico. Basicamente é o que acordou a xunta de goberno local a raíz da entrada en vigor da nova Lei do Solo. O Plan Xeral foi rexeitado polo pleno da Corporación tras negarse o PSOE a incluír no deseño inicial as correccións e observacións que os grupos da oposición demandaron. Os socialistas arremeteron especialmente contra BNG e PP por rexeitar un planeamento que incluía unhas irreais previsións de crecemento demográfico que o propio ano de debate do PXOM acabou amosando o hinchadas e ficticias que eran.

Xunto co punto final a ese plan xeral, o goberno aprobou iniciar a contratación dunha asistencia técnica para redactar o Plan Especial de Protección do Casco Histórico (PEPOCH), ao que está obrigado o Concello pola Lei de Patrimonio Histórico de Galicia.

Advertisements