O goberno local crea unha praza temporal para atender o Museo das Mariñas

A aula CeMIT e a OMIX están no complexo cultural Santo Domingo

Entrada ao Museo das Mariñas, no complexo cultural Santo Domingo

O Boletín Oficial da Provincia anuncia hoxe a apertura do prazo para a contratación temporal “dunha praza de persoal técnico para a atención do Museo das Mariñas”. O sistema de selección será o “concurso de méritos”, a modalidade máis excepcional das previstas para o acceso á función pública. O goberno local restrinxe o acceso a esta praza para licenciados en Museoloxía, Arqueoloxía, Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Admite que se poida presentar quen teña “cumpridas as condicións para obtelo na data de
finalización do prazo de presentación de solicitudes”.

Cos candidatos que superen o concurso de méritos segundo o criterio de cinco persoas nomeadas polo alcalde “constituirase unha Bolsa de Emprego. Estará reservada aos “candidatos que aproben todas as probas e xustifiquen o cumprimento de todos os requisitos que terá unha vixencia de 3 anos, e os candidatos que pasen a formar parte da mesma non ostentarán dereito algún ao nomeamento/contratación”. “O procedemento específico para futuras contratacións do persoal seleccionado nos supostos de novas convocatorias de subvencións para este servizo, ou por baixas, vacacións ou permisos de longa duración do persoal contratado” advirten as bases.

As bases saen publicadas no BOP de hoxe e as instancias e méritos deberán presentarse nas oficinas xerais do Concello, no baixo dereita do Edificio Arquivo ou Liceo.

Advertisements