Miño inicia o venres os traballos no entorno da igrexa

Igrexa parroquial de Miño

Igrexa parroquial de Miño

O goberno local de Miño anunciou que este venres comezarán as obras previstas nas rúas Galea e Real. Na rúa Galea ampliaranse as beirarrúas e mellorarase o pavimento e a iluminación, ademais de reordenarse o aparcamento. Na contorna da igrexa substituirase o paso actual por unha rampla adaptada ás normas de accesibilidade. Os traballos teñen un custo de 127 516 euros e deberán executarse 66 días, afirma o Concello.

Advertisements