O Concello dá 15 bolsas para estudantes universitarios

Vista do IES As Mariñas

Un instituto da localidade

O Concello de Betanzos concederá axudas a 15 universitarios por un total de 5350 euros. O Concello recibiu 25 solicitudes, das cales 9 incumplían algún requisito, mentres que un solicitante renunciou. O goberno local aproveitou o tanto para anunciar que este ano concedeu 138 bolsas para alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria. Ademais, dos 300 usuarios do servizo de madrugadores e do comedor escolar, o 60% ten algunha bonificación.

Advertisements