O GDR distribuirá 852 000 euros en subvencións a proxectos rurais

ADR_asMarinasBetanzos_sen fondoA conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, presentou onte en Abegondo a nova convocatoria de axudas europeas Feder 2014-2020, que repartirán desde o GDR Mariñas-Betanzos un total de 3 millóns de euros, 852 000 euros neste ano 2017. O Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos será o encargado de gestionar os fondos e estudar os proxectos que se presenten á convocatoria, que está dirixida a incentivar o emprendimiento e consolidar postos de traballo.

Esta convocatoria costeará tanto proxectos produtivos como non produtivos. Entre os criterios de baremación terán prioridade os que se realicen en zonas con pouca densidade de poboación, maior índice de paro ou menor renda. Tamén terán máis puntos os proxectos que contribúan ao desenvolvemento da Reserva de Biosfera.

Os interesados en desenvolver un proxecto de desenvolvemento rural que queiran optar a unha destas axudas europeas para financiarse poden informarse sobre as condicións e requisitos nas oficinas da antiga cámara agraria de Abegondo, fronte á Casa Consistorial, onde se sitúan os técnicos. Mariñas Betanzos tamén informará a través do seu web.

Advertisements