O voceiro do PP cólase noutro acto da Xunta, neste caso en Atocha

Mesa de autoridades do acto celebrado en Atocha, co voceiro do PP sentado o primeiro pola dereita

Mesa de autoridades do acto celebrado en Atocha, co voceiro do PP sentado o primeiro pola dereita. Fotografía do facebook de Cecilia Vázquez

A Directora Xeral de Xuventude visitou onte a nosa cidade para facer entrega duns diplomas a 30 participantes do programa “Deseñando o teu futuro”, “liderado pola ANPA do CPR Plurilingüe Nuestra Sra del Carmen” segundo a alto cargo do goberno Feijóo. Na súa conta de facebook a directora xeral, Cecilia Vázquez, indica que “aproveitamos a visita para coñecer aos Correspondentes Xuvenís que, de forma solidaria, informan aos compañeiros dos recursos que a Xunta de Galicia impulsa para a mocidade galega”.

Aproveitouna ela e aproveitou o tanto para colarse na foto o voceiro do PP na localidade, José Ángel Rodríguez, que sen ostentar ningún cargo de responsabilidade no goberno galego ou no municipal meteuse na tribuna de autoridades do acto xunto á representante da Xunta e o edil de mocidade betanceiro.

O PP mestura Xunta e partidopara tratar de dar a coñecer ao seu portavoz entre a franxa máis nova de idade, utilizando actos institucionais e centros educativos. Por descontado, ningún dos representantes dos outros grupos da Corporacion betanceira foi convidado.

Advertisements