Medievándalos abre este sábado o Encontro de Teatro Afeccionado

teatroEste sábado ás 20:00h na Aula de Cultura arranca unha nova edición do Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos, que organiza a Agrupación Teatral Mariñán co apoio do Concello. A compañía que levantará o pano nesta edición será Medievándalos, que presentarán a obra Cervanterías. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Todos os sábados de febreiro haberá unha representación e o último domingo do mes a agrupación organizadora botará o pano a esta oitava edición.

Advertisements