A Deputación mellora a Casa Consistorial e varios centros sociais en Aranga

A ponte medieval sobre o Mandeo dá nome á capital municipal de Aranga

A ponte medieval sobre o Mandeo dá nome á capital municipal de Aranga

A Deputación destina 80 000 euros a executar melloras nos centros sociais de Aranga. As obras nos centros de Toxiño, Carballal, Muniferral e Orosa inclúen a rehabilitación das cubertas e o tratamento das paredes dos locais así como melloras no sistema eléctrico, o illamento térmico e instalación das baixantes pluviais.

Ademais, con financiamento provincial acométese tamén a mellora da pavimentación na parroquia de Cambás, dotada con 89 113,18 euros. Nos camiños de Tolda, Cabo da Aldea e Ponte da Vila procederase ao acondicionamento das explanada, limpeza de gabias e asfaltado con formigón.

E na casa consistorial de Aranga, cun investimento de 62 999,99 euros, procederase a eliminación de barreiras arquitectónicas mediante a demolición da soleira de formigón e da estrutura de ladrillo. O proxecto inclúe traballos de fontanería, albanelería e saneamento na rede coa instalación dunha tubaria de drenaxe. Realizarase tamén un bordo de formigón e unha beirarrúa de baldosa, unha caseta de ladrillo, o acondicionamento eléctrico e unha porta de aluminio, entre outras actuacións. As obras completaranse coa colocación dun ascensor que mellorará as condicións de vida dos veciños do municipio que se verán beneficiados por estes novos servizos

Advertisements