O PP insiste en denunciar a acumulación de lixo nunha parcela do Concello en Talai

O centro de formación ocupacional do Concello

A finca está tras o centro de formación ocupacional do Concello

O grupo municipal do PP de Betanzos denuncia que unha parcela municipal situada na parte posterior do recinto feiral de Talai está a ser usada como basureiro e esixe ao goberno local que elimine os residuos que permanecen depositados na leira, situada na parte superior das instalacións da escola taller.

Nunha nota de prensa á que achegan varias fotos da parcela, os populares betanceiros critican que, tras tres anos de denuncias polo “deplorable” estado do terreo, o executivo municipal “mostrou pouco ou ningún interese para corrixir o estado en que se atopan”. “A situación non só permanece igual, senón que ademais aumentou nos últimos tempos, deixando unha pésima imaxe ademais de contaminación”. O PP advirte ademais de que outra administración podería sancionar ao Concello polo estado do predio.

Advertisements