O temporal provoca máis de cinco mil incidencias por cortes de luz nas Mariñas

Subestación de Fenosa no Pedrido

Subestación de Fenosa no Pedrido

Media comarca quedou esta madrugada sen luz a causa do temporal desde as catro da mañá. As incidencias detectáronse nos concellos de Sada, Miño, Betanzos e Abegondo, e a varios outros da área metropolitana coruñesa, segundo informa Unión Fenosa Distribución no seu web. Técnicos da empresa traballan a esta hora en solucionar os diversos partes de incidencias.

As primeiras incidencias rexistráronse en Abegondo ás 4.23 horas, con 3206 clientes afectados, e en Betanzos ás 4.38 horas, con 1845. Outras incidencias na rede eléctrica que, segundo Unión Fenosa Distribución, non afectan a clientes do servizo detéctanse en dous puntos de Sada e Miño.

Advertisements