Siro López analiza en Biblos o humor de Valle Inclán esta noite

O magnolio centenario da praza de Lanzós vese desde a vitrina da Libraría Biblos

O magnolio centenario da praza de Lanzós vese desde a vitrina da Libraría Biblos

Hoxe ás 20.00 horas a Libraría Biblos, na rúa Santiago, acollerá unha conferencia do debuxante e caricaturista Siro López. A conversa centrarase na súa visión arredor da figura do escritor Ramón María del Valle Inclán e, de xeito especial, no seu humor.

Na outra beira da praza da Verdura, o Café Lanzós programa unha noite de Jazz desde as dez e media da noite a conta de Iago Mouriño Trío.

O sábado o Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos ergue o pano, ás oito do serán na Aula de Cultura, coa obra Cervanterías de Medievalándanos. Non hai máis actividade cultural no Edificio Arquivo debido á falta de conserxe.

A biblioteca municipal ten unha mostra bibliográfica sobre Rosalía de Castro e no CIEC está colgada a exposición de obra gráfica de 13 artistas dentro do VI Intercambio Alfara Oviedo-CIEC Betanzos-Bellas Artes Altea, desde o 15 de xaneiro ata o 27 de febreiro, con obra gráfica de 13 artistas dentro do VI Intercambio Alfara Oviedo-CIEC Betanzos-Bellas Artes Altea, na Sala de Exposicións Temporais da Sede da Fundación CIEC, de martes a sábado en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

Advertisements