O goberno levantará unha das Calexas para mellorar o saneamento

Unha vista das Calexas

Unha vista das Calexas

O goberno anunciou que ven de sacar a concurso obras de saneamento para evitar as inundacións na Venela do Campo, unha das populares Calexas dos viños. Os traballos consistirán en ampliar o actual bombeo de augas residuais coa instalación de dúas bombas de maior capacidade, a fin de rematar coas inundacións e os prexuízos ás vivendas e negocios da zona que se rexistran cando se producen episodios de choiva, debido á escasa capacidade do bombeo existente, explica o Concello.

O orzamento da obra é de 35 980 euros e para as obras resultará necesario demoler o pavimento actual e excavar gabias para construír un novo pozo. “Trátase dun bombeo que está pouco dimensionado e que non é capaz de canalizar o exceso de augas pluviais e residuais que chega ao mesmo, ocasionando diversos problemas”, explican responsables municipais.

Advertisements