O Liceo acolle a estrea de “El Tour de los Populares” sobre a proba ciclista “Los diez mil del Soplao”

ciclismoA Aula de Cultura do Edificio Arquivo acollerá mañá venres a estrea no noso país do filme galego O Liceo acolle a “El Tour de los Populares” sobre a proba ciclista “Los diez mil del Soplao”. A proba cántabra é a que máis deportistas galegos reúne fóra da nosa comunidade, este ano pasaron de novecentos os galegos que participaron na proba de deporte popular máis numerosa de España. A película de Marma estrearase en Betanzos, onde naceu a idea previa do guión. “Cando empezamos a investigar en Betanzos reunimos nun bar a máis dunha ducia de betanceiros que participaran na proba, pero o que máis nos chamou a atención é que cada un deles participara en numerosas ocasións” conta Matías Losada, un dos dous directores da película.

“De Betanzos chegamos a Ordes onde outra pequena comuna apuntábase ano tras ano a correr no Soplao, e así de Ordes a Viveiro de Viveiro a Estrada, fomos recollendo información dun bo puñado de galegos” conta Mariña Pérez, a outra directora da película. Os directores recoñecen a ilusión que teñen por estrear a película en Betanzos, xa que despois da exitosa acollida do público cántabro no Palacio de Festivais de Santander, eles querían homenaxear na súa terra a todos os galegos que correron o Soplao e que os axudaron na produción da película.

O acto, organizado polo Concello de Betanzos, terá lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns que acollerá a estrea da película con dous pases, un de entrada libre ás 19:00 h e outro ás 21:00 h, ao que acudirán membros da organización da proba “Los diez mil del Soplao”.

“El Tour de los Populares” é unha viaxe por cada unha das probas que compoñen “Los diez mil del Soplao”, a emoción, o sufrimento, o transcendente, a forza magnética que ten a proba ven reflectidos no setenta e tres minutos que dura a película. “É difícil de explicar o que significa o Soplao, talvez o sufrimento e as ganas de superarse”. A película foi encargada á produtora coruñesa Marma Ideas que levou a un grupo de profesionais do audiovisual galego para a gravación da proba. Así mesmo as imaxes aéreas encargáronse á empresa con base en Oleiros, Aeromedia.

Advertisements