O goberno local pide permiso para obrar no porto, propiedade da Xunta

O porto betanceiro

O porto betanceiro

A última xunta de goberno local do ano serviu, entre outras cousas, para aprobar a solicitude de construción dun varadeiro no recinto portuario de Betanzos, propiedade do ente público Portos de Galicia, do que é titular a Xunta. Concretamente, os concelleiros do PSOE acordaron dirixirse á Demarcación de Costas do Estado en Galicia para recabar a autorización para “crear unha zona de varada temporal de embarcacións na zona do Porto de Betanzos, delimitada en plano adxunto- que na acta non figura- co obxecto de mellora medioambiental e aumento da seguridade da navegación nas actividades naútico-deportivas no Rio Mandeo”.

Recolle a acta que os edís do PSOE que compoñen a xunta de goberno local consideran que “a zona máis idonea é a contorna do Porto de Betanzos, lindeiro coa depuradora municipal, fronte á rampla de subida de embarcacions do Porto de Betanzos” xa existente. O goberno local compromete ao Concello a realizar “labores de rasanteo e retirada de cascallos na zona con traslado a vertedoiro autorizado,compactando a zona con zahorra artificial ao obxecto de
deixar o terreo en condicións de uso e salubridade á vez que comprometerse á conservación da zona en condicións de uso adoptandose igualmente as correspondentes medidas mínimas de seguridade”.

Isto implica que será o Concello, con cargo a fondos municipais, quen acometa a limpeza da zona situada a carón da actual rampla de retirada de buques e situada fronte á depuradora municipal, o tratamento do lixo depositado e a nova pavimentación da zona. Portos de Galicia cobra unha taxa por depositar as embarcacións no recinto do porto de Betanzos.

O goberno local compromete ás arcas municipais a sufragar estes traballos de mellora dos servizos do porto apelando a que “existen numerosas embarcacións outras as condicións fluviais na epoca invernal non son as mais adecuadas para garantir a integridade das referidas por mor da riadas e arrástrelos do rio”. Entende que estas obras dentro da Rede Natura supoñen “unha mellora medio ambiental e da seguridade da navegación no Rio Mandeo para as actividades naútico-deportivas”.

Advertisements