123 admitidos para unha praza de Policía Local en Betanzos

Sede da policía local betanceira nunha imaxe de arquivo

Sede da policía local betanceira nunha imaxe de arquivo

O proceso de selección aberto polo Concello de Betanzos para a cobertura dunha praza de policía local aprobou unha lista provisional de 123 persoas admitidas e deixou fóra a outras 17, que terán dez días a partir de onte para presentar reclamaciones ou emendar defectos na documentación presentada.

A garda municipal ten outro proceso interno, para cubrir un posto dun mando intermedio, polo que finalmente con este concurso, segundo a oferta publicada polo goberno local hai xa dous anos, poderían ser finalmente dous os axentes contratados. Supoñería renovar minimamente unha plantilla que ronda os 50 anos de media.

Advertisements