O arcebispado de Oviedo desbota mercadear cos leóns de Covadonga

Porta principal ou dos Leóns do vello Pasatempo. As esculturas foron vendidas a Covadonga e o portal ao bergondés pazo de Armuño

Porta principal ou dos Leóns do vello Pasatempo. As esculturas foron vendidas a Covadonga e o portal ao bergondés pazo de Armuño

A xunta de goberno local acusou recibo dunha misiva do arcebispo de Santiago de Compostela trasladando os resultados da mediación realizada ante o seu homólogo ovetense a conta da ocorrencia do alcalde de repatriar os leóns que os fillos e netos de Juan García Naveira venderon ao santuario de Covadonga en 1970 por medio millón de pesetas. O arcebispo trasládalle ao goberno betanceiro a negativa da curia de Ovierdo a negociar a venda dos leóns de mármore de Carrara porque entende que son parte “da contorna natural” da basílica de Covadonga.

Sinalan, ademais, que ambos animais foron “adquiridos no seu momento, non doados”, polo que entenden improcedente entrar a mercadear coas pezas que reproducen os felinos que gardan o sepulcro de Clemente XII e que non deixan de ser unha reprodución máis das ducias que no XIX se fixeron para adornar palacetes, casonas, cemiterios e xardíns públicos. Sen saír do estado español, Llanes, Santurzi, Reixa (Mallorca), Betanzos e Covadonga ou Madrid por partida dobre, contan aínda hoxe con reproducións das feras que gardan o sono do pontífice,
Santurtzi Historian zehar e recolleu tamén o blog Parque del Pasatiempo. Do blog vasco podería deducirse mesmo que a referencia para situar os leóns na portada principal do parque non a tomaron os García Naveira innovando o uso dos leóns vaticanos, senón que puido ser directamente plaxiada do cemiterio bonaerense da Recoleta.

Logo da ocorrencia de mercarlle os leóns ao santuario de Covadonga, e vendo as primeiras reaccións dos conservadores da basílica, o propio Ramón García emendou parcialmente a boutade, suxerindo que podería encargar unhas réplicas dos leóns vendidos polos García Iribarne en 1970. Que son réplicas, á súa vez, dos da tumba de Clemente XII. A resposta do prelado ovetense pecha así un capítulo deste sainete e agora, atrapado nel, haberá que ver se o PSOE local anuncia a contratación das réplicas das réplicas- que parodiamos na nosa tradicional inocentada– ou deixa morrer a ocorrencia.

Advertisements