O Banco de Terras da Reserva da Biosfera ten 30 parcelas agardando por un emprendedor

Unha horta da comarca de Betanzos

Unha horta da comarca de Betanzos

Desde prados de mil metros a parcelas de pouco máis de 300. A Bolsa de Terras que a Reserva da Biosfera puxo en marcha en 2015 para darlle uso a terreos que agora están sen el co fin de dinamizar o rural, poñendo en contacto a propietarios e emprendedores, ten trinta parcelas na súa base de datos. Repártense desde Culleredo (con dez parcelas) a Bergondo ou Oza-Cesuras, pasando por Abegondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Arteixo ou Carral. Na súa maior parte, para cesión ou alugueiro.

, a maioría en Culleredo (dez) e Abegondo (sete), seguido de Oleiros e Betanzos (con tres cada un). Veciños de Oza-Cesuras, Bergondo, Sada, Cambre e Carral ofertan unha parcela cada unha e Arteixo dúas. A maioría ofértanse en cesión ou aluguer. Todos os terreos incluídos neste banco de terras son rústicos excepto un chan urbanizable en San Marcos (Abegondo), un prado de 1.123 metros cadrados que se oferta en cesión e que inclúe un galpón para gardar aperos.

Técnicos da Reserva poñen en contacto a propietarios e persoas que queren traballar a terra e asesóranlles de que cultivos son os mellores para as características do terreo e do mercado. O fin desta Bolsa de Terras é loitar contra o abandono da actividade agraria, que axuda ao avance de plantaciones forestales e matorral.

O presidente da entidade, o alcalde de Abegondo co PP José Antonio Santiso Miramontes, presentou en 2015 a idea como o grande revulsivo para que a comarca virase a súa atención ao agro. Fíxoo despois de descualificar, el mesmo e o seu partido, o Banco de Terras de Galicia (BanTeGal) que o BNG puxera en marcha desde a Consellería de Medio Rural, e que basicamente partía da mesma idea, pero coa Xunta como garante do pago das rendas a todos os propietarios que incluísen os seus predios sen traballar á sociedade pública. Segundo Santiso e os seus aseguraban naquela altura, o Banco de Terras era un instrmento “bolchevique” co que os nacionalistas pretendían “roubar” as terras aos labregos. Foi unha idea moi usada polo PP na campaña do retorno á Xunta dos conservadores. Agora, resulta que non era tan mala idea.

Advertisements