A Casa da Xuventude acolle unha xornada de prevención da violencia machista entre a mocidade

A Casa da Xuventude está no cruce do Picardel, no Valdoncel

A Casa da Xuventude está no cruce do Picardel, no Valdoncel

O Espazo Xove de Betanzos- o novo nome que o goberno de Núñez Feijóo puxo á vella Casa da Xuventude- alberga onte e hoxe unha xornada de prevención e loita contra a violencia machista en horario de 16.00 a 21.00 horas. Pretende abordar coa mocidade a orixe da violencia, incorporar prácticas de prevención e analizar falsas crenzas, nun municipio que se destaca por principiar as festas patronais cada ano cun espectáculo sexista que as xornadas non abordan.

Advertisements