Bergondo amaña a beirarrúa da N-VI en Cortiñán

A N-VI ao seu paso por Guísamo

A N-VI ao seu paso por Guísamo

O Concello de Bergondo anunciou onte que está a executar melloras nas beirarrúas de Cortiñán. Os traballos céntranse en reparar os desperfectos dun tramo da vía peatonal da Nacional VI, uns 70 metros “coas baldosas moi deterioradas pola acción dos vehículos pesados”, segundo precisa o goberno local. Os operarios xa retiraron as losetas en mal estado e durante os próximos días instalarán as novas.

Advertisements