O BNG demanda no Parlamento axilidade no pago de axudas tras atacar o lobo o gando

Santa María de Mezonzo, en Vilasantar

Santa María de Mezonzo, en Vilasantar

O portavoz parlamentario de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas, reclamou onte no Parlamento celeridade no abono das axudas ás explotacións ganadeiras que se viron afectadas por ataques de lobo en Vilasantar. Cuestionan que a Xunta tarde en pagar as axudas e que, cos recortes practicados polo goberno do PP, as axudas non cubran o 100% dos danos. “Non é de recibo que en 2017 aínda se estean abonado indemnizacións correspondentes ao 2014”, lamenta.

Os ataques incrementáronse na parroquia de Présaras, explicou o deputado na Comisión de Agricultura, cun total de 16 animais mortos e varios feridos no prazo dunha semana en dúas granxas. Entre os afectados, unha explotación extensiva de ovino-caprino con animais de raza e calidade, ataques moi graves neste concello pero que se están a dar tamén noutras comarcas do país.

Advertisements