A Deputación financia a contratación de persoal para a Oficina de Turismo

A Oficina de Turismo está baixo a escalinata principal do Edificio Arquivo

A Oficina de Turismo está baixo a escalinata principal do Edificio Arquivo

A área de Turismo da Deputación da Coruña destinará 800.000 para promover novas contratacións de persoal das oficinas de turismo de concellos de menos de 50.000 habitantes. As oficinas terán que estar abertas por un mínimo de 4 meses ao ano. A Deputación da Coruña financia as retribucións do persoal técnico para as oficinas de turismo dos concellos ou agrupacións de concellos de poboación inferior a 50 000 habitantes, por un período mínimo de 4 meses, coincidindo coa temporada alta turística. Para este fin, a área de Turismo destina 800 000 € que teñen como obxectivo contratación de persoal especializado para manter abertas as oficinas de turismo, cando menos, catro meses en temporada alta.

“Preténdese achegar coñecemento e calidade ás administracións coa contratación de persoas especializadas nas oficinas de información ademais de contribuír á empregabilidade de persoas con formación no sector”, sinala o deputado responsábel da área de Turismo, o nacionalista Xosé Regueira, que prevé que as novas contratacións contribúa á incrementar a planificación turística e aumentar tamén o período de atención ás persoas visitantes. “As liña influirá directamente no número de contratos que se formalizarán desde as administracións locais e é un avance á hora de achegar coñecemento e formación no sector aos municipios”, engadiu o deputado.

Os criterios de baremación das solicitudes contemplarán o número total de aloxamento en establecementos turísticos do concello ou agrupación dos concellos, a capacidade de cobertura da demanda turística, o que significa a existencia de oficinas de información turística diferenciadas e un área ou servizo de seu no concello con persoal asignado, entre outras ou o interese turístico e a planificación sostida.

A liña da área de Turismo reverterá na creación de postos de traballo no sector turístico, un dos obxectivos nos que leva traballando o departamento que dirixe na Deputación da Coruña, Xosé Regueira. O persoal que opte ás prazas dos concellos deberá estar en posesión dos títulos de técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística, Turismo, técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou grao e licenciatura en Historia da Arte, Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio ou Historia.

Advertisements