Abegondo destinará o POS a camiños e saneamento

O concello de Abegondo

O concello de Abegondo

O Concello de Abegondo propoñerá o mércores en pleno extraordinario os proxectos para o plan de obras e servizos da Diputación, coñecido polas súas siglas POS. Ao municipio correspóndenlle 216 340,50 euros que o goberno local prevé dedicar á rede viaria e ao saneamento. Concretamente, retocará camiños en tres proxectos: o máis grande, cun orzamento de 77.414,04 euros levarase a cabo nas parroquias de Abegondo, Cabanas, Meangos, Cullergondo, Sarandós e Vilacoboa. Outro proxecto, de 50.517,77 euros, destínase a Crendes e Mabegondo e un terceiro de 58.082,20 euros, a Mabegondo. Os restantes  30 326,49 euros empregaranse para estender a rede de saneamento. E o Plan Complementario, con 46 100 euros, dedicarase a reparar a estrada do Campo de Nosa Señora da Saleta, en Presedo, ao núcleo de Xuanzo, en Cullergondo.

Advertisements