Sospeitan que a liña de alta tensión de Abegondo é para exportar enerxía

Subestación de Fenosa no Pedrido

Subestación de Fenosa no Pedrido

O cuarto encontro da rede galega de intercambio de sementes celebrado o pasado sábado no Matadoiro da Ribeira incluía no seu programa a celebración dunha mesa redonda sobre a liña de alta tensión que proxecta Red Eléctrica Española cruzando os concellos de Abegondo, Culleredo, Carral e Arteixo para surtir unha nova subestación de  4 e 8 hectáreas en Abegondo. A charla, organizada pola plataforma As Mariñas sen Alta Tensión expuxo os riscos e a posible motivación do proxecto. O profesor de Economía Aplicada na USC Xoán Doldán e a xurista e secretaria da Asociación Petón do Lobo, Ana Varela, sospeitaron de que a finalidade desta instalación é aumentar a capacidade para exportar enerxía e non o subministro doméstico na cidade da Coruña, como argumentou o goberno, e advertiron dos riscos para a saúde, o medio ambiente e a paisaxe que entraña a liña.

“Rede Eléctrica Española fala de apoios á demanda industrial da Coruña, non ao consumo doméstico, como se está vendendo”, sostivo o experto no coloquio. A xurista, pola súa banda, animou aos veciños a presentar alegacións ao borrador de directrices da paisaxe de Galicia ata o 2 de marzo, cando acaba o prazo. “Hai que dicir nesas alegacións que non queremos ningunha liña eléctrica aérea na reserva da biosfera, que é ilegal, e as directrices parecen non telo claro”, defende.

Advertisements