Bergondo pavimentará camiños coa súa achega do POS

O Concello de Bergondo

O Concello de Bergondo

O pleno de Bergondo debaterá este xoves un plan de investimentos valorado en máis de 393 000 euros, dos que 234 000 proceden das arcas municipais e 159 000 das da Deputación. A finalidade é asfaltar un total de quince estradas, en Bergondo, Babío, Ouces e Moruxo. Nas vías afectadas pola instalación das canalizacións para a EDAR de Gandarío poñerase asfalto mentres que nas que non teñen servizos, en previsión de levantalas pronto,non recibirán aglomerado optándose por outro pavimento.

O goberno local defende que se realizarán outras obras con cargo a outros proxectos, en parroquias con deficiencias, como Lubre. Ademais deste proxecto, o goberno municipal propoñerá ao pleno, para o plan complementario, a mellora das rúas do polígono de Bergondo por 135.392,03 euros. Incluiranse as rúas Parroquia de Lubre, Parroquia de Vixoi, Parroquia de Bergondo, dous tramos da rúa Parroquia de Ouces, o camiño á EDAR e o que vai da AC-164 á parcela C1

Advertisements