Miño rescinde o contrato do avogado do alcalde contratado a dedo polo Concello

O goberno local de Miño nun Pleno

O goberno local de Miño nun Pleno

Finalmente o PSOE conseguiuno e o Concello de Miño rescindirá o contrato que adxudicou ao avogado persoal do alcalde para que emitise un informe urbanístico sobre Monte Piñeiro. O executivo contratou os traballos directamente por 5000 euros máis IVA e xustificou esta asesoría externa na sobrecarga de traballos dos funcionarios e na conveniencia de coñecer a opinión dun experto.

A adxudicación a dedo deste contrato ao avogado que levara a denuncia por calumnias que o alcalde interpuxo contra integrantes do PSOE -que foi arquivada- propiciou as críticas dos socialistas, que denunciaron a “falta de ética e estética”. O goberno local sostivo en pleno que decidiu rescindir o contrato trala solicitude dunha prórroga por parte do avogado e que decidiu elaborar o informe de Monte Piñeiro con medios propios. O rexedor amosou a súa confianza en poder resolver este contrato sen custo para as arcas municipais.

Advertisements