O alcalde de Oza-Cesuras propón legalizar un centro social en rústico sen informes xurídicos

Pablo González Cacheiro impide sistematicamente que se debatan as mocións que presenta a oposición

Pablo González Cacheiro impide sistematicamente que se debatan as mocións que presenta a oposición

O Concello de Oza-Cesuras presenta hoxe no pleno unha proposta coa que pretende legalizar un centro social de Borrifáns trala apertura dunha investigación por parte da Xustiza. Os feitos remóntanse a xaneiro de 2016. Nesas datas os socialistas denunciaron ante a Subdelegación de Goberno que o Concello “colaboraba” coa asociación de veciños das Peniñas (en Borrifáns) na construción dun centro social “ilegal” en chan rústico, sen proxecto, sen dirección técnica e sen plan de seguridade.

O PSOE puxo os feitos en coñecemento da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística, que abriu un expediente en xullo de 2016 e reclamou ao Concello copia da licenza municipal ou das actuacións realizadas para suspender os traballos. O goberno local alegou entón que xa dera orde de paralizar os traballos e, meses despois, os socialistas recorreron á Xustiza. O pasado 13 de xaneiro, o Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 abriu dilixencias e reclamou o expediente á Axencia da Protección da Legalidade Urbanística.

O Concello admite na proposta que se elevará a debate que o centro comezou a construírse sen licenza en chan rústico e propón legalizalo como equipamiento público para poder legalizalo, previa adquisición do edificio. O executivo local apela ao interese de dispoñer doutro equipamiento público e propón iniciar o procedemento para a adquisición gratuita da leira e que os técnicos confeccionen en plan especial de infraestructuras e dotaciones e o proxecto técnico que permitan legalizar e finalizar a construción. A proposta non dispón de informe xurídico nin económico.

Advertisements