Oza-Cesuras recurta nun millón os orzamentos para 2017

O Concello de Oza dos Ríos

O Concello de Oza dos Ríos

Cunha folgada maioría absoluta o PP foi incapaz de presentar ata hoxe os orzamentos para Oza-Cesuras deste 2017 que queima as últimas xornadas do segundo mes. E faino recurtando as previsións do pasado ano nun millón de euros, o que en certa medida dá proba de que a fusión realizada hai catro anos non foi o revulsivo que o PP pretendía. Nas contas destínanse  934 957 euros para o pago de nóminas; 1,9 millóns para gasto corrente, e 1,5 millóns de euros para investimentos reais, dirixidas a maior parte a mellorar estradas e a rede de augas e saneamento con cargo, en boa parte, ao plan de obras da Deputación.

Unha das principais novidades do orzamento de Oza-Cesuras para este ano 2017 afecta ao capítulo de persoal. Tres anos logo da fusión, o goberno local procedeu a igualar os salarios dos empregados dos dous extintos concellos para acabar coas “diferenzas salariais” dentro das mesmas categorías profesionais. Farase reducindo as partidas de gratificacións e produtividades, segundo explica o alcalde nunha memoria, xunto coa redución dos emolumentos dunha das secretarías vacantes tras a fusión, que se planea convertir en praza de administrativo.

Advertisements