A Xunta abre expediente sancionador a Bergondo por un vertedoiro en solo público

vertedoiro-montecelo

Un vertedoiro irregular nun monte da comarca

O Concello de Bergondo enfróntase a un expediente sancionador que Medio Ambiente abriu a causa dun vertedoiro de lixo ilegal existente nunha parcela municipal no polígono industrial da localidade. A Xunta, a raíz dunha denuncia do PP, abriu o expediente. O PP asegura que denunciou logo de advertir en varias ocasións da existencia do lixo neste predio de titularidade municipal sen que o bipartito PSOE-En Marea actuase.

O goberno sostén agora que ten a contratación os traballos e que agarda que no que recurre poida ter contratado e executado as labores de limpeza e precintado para esquivar a sanción. A alcaldesa criticou que o PP usase unha fotografía dun vertedoiro noutro municipio para ilustrar a nota de prensa que os conservadores remitiron sobre o asunto.

Advertisements