O PP anuncia a concesión do premio Meléndez de Texeda, que dá o goberno local

O voceiro do PP, José Ángel Rodríguez

O voceiro do PP, José Ángel Rodríguez

O PP informou onte, por medio dun comunicado, da concesión do premio Úrsula Meléndez de Texeda, que o Concello dá cada 8 de marzo, á presidenta provincial de Cruz Vermella, Mercedes Casanova. Segundo os populares, foi acordado o pasado mércores na comisión de honras do Concello e asegura que a traxectoria desta muller  dentro da ONG “foi, é e seguirá sendo indiscutible”, pero tamén “noutros apartados do tecido asociativo de Betanzos”.

Desde o PP agradeceron o “esforzo, dedicación e traxectoria” de Mercedes Casanova e recordaron que o galardón que recibirá proximamente outórgase desde que gobernou o PP na cidade- realmente foi unha proposta do extinto CxB cuns criterios que nunca se aclararon por parte do Concello- para recoñecer a traxectoria das mulleres brigantinas.

 

A comisión de honras, como todas as comisións informativas, eleva unha proposta ou dictame ao órgano que resolve. Revisando as actas da xunta de goberno local do pasado ano, é este o órgano que dá o recoñecemento.

Advertisements