O Betanzos dá un paso atrás ao caer ante o Arzúa

Betanzos_CFMal sábado de Entroido para o Betanzos, que deixou escapar tres puntos no García Irmáns no seu enfrontamento ligueiro fronte ao Arzúa. Os locais deixaron escapar a victoria nos minutos finais do encontro que resultara do máis igualado para ambos conxuntos e con poucas oportunidades no encontro para desgusto dunha grada chea de seareiros.

No minuto 82 unha xogada de equipo dos arzuáns collía co pé cambiado aos locais e conseguía o solitario tanto da victoria. Os locais trataron por todos os medios de restablecer a igualada nos oito minutos restantes, e mesmo o porteiro subiu a rematar á área inimiga, o que case custa o segundo gol visitante a porta baleira.

 

A vindeira xornada o Betanzos visitará Bertamiráns para medirse ao equipo local, que marcha na 17 posición e ven de ser derrotado por dous a cero polo Paiosaco.

Advertisements