Os xoves de marzo un novo ciclo de conferencias analiza o Consello de Galiza e a república no exilio

O Salón Azul está na á esquerda do primeiro andar do Edificio Arquivo

O Salón Azul está na á esquerda do primeiro andar do Edificio Arquivo

O Anuario Brigantino organiza un novo ciclo de conferencias para todos os xoves deste mes de marzo, baixo o rótulo “O Consello de Galiza e as institucións republicanas no exilio”. As charlas serán ás oito e media do serán no Salón Azul do Liceo. O día 2, o Presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Ramón Villares Paz disertará sobre “O Consello de Galiza na época de Castelao (1944-1950)”.

Seguirao unha semana despois Emilio Grandío Seoane falando de “A reconstrución da oposición ó franquismo nos anos cincuenta: Salvador de Madariaga”. O día 16 o director do Anuario, Alfredo Erias, fará a presentación da páxina web do Fondo documental Alvajar, do Arquivo Municipal de Betanzos e pechará o ciclo Carlos Pereira Martínez abordando “O compromiso republicano da familia Alvajar-López”.

Advertisements